O presidente da Xunta agradece aos galegos no exterior a súa contribución ao progreso de Galicia

Ciudad de México (México), 16 de abril de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu aos galegos no exterior a súa contribución ao progreso de Galicia. Na súa viaxe a América Central, o titular do Goberno galego participou na Festa da Ramallosa, unha das citas tradicionais do Centro Galego de México.

O mandatario galego chamou a atención sobre a traxectoria do Centro Galego de México, que ten a súa sede nun edificio singular de Ciudad de México que deixa constancia de canto fixo a colectividade galega alí asentada pola súa terra de orixe. Rueda recoñeceu que Galicia está “en débeda” coa emigración porque a Comunidade que é hoxe en día non sería a mesma sen a contribución da diáspora tanto no seu desenvolvemento económico como cultural e educativo.

O presidente da Xunta, que participou das actividades programadas pola entidade, animou aos galegos no exterior e á súa descendencia a retornar a Galicia porque “é o voso dereito”, e amosouse convencido de que moitas das vindeiras “benvidas” terán lugar nas localidades de orixe das que segue a formar parte a colectividade galega no país azteca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2023