A Xunta licitará mañá por 282.000 € a redacción do plan para a ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2023

A Xunta de Galicia licitará por un importe de algo máis de 282.000 euros, IVE incluído, a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) que permitirá a ampliación do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, en Ourense.

A empresa pública Xestur publicará mañá luns, 17 de abril, na Plataforma de contratos públicos de Galicia a licitación do contrato para a redacción do referido plan. A empresa adxudicataria disporá dun prazo de cinco meses para a presentación do borrador do plan, así como a documentación necesaria para iniciar a súa tramitación ambiental.

Prevese que a futura ampliación do polígono industrial do Pereiro de Aguiar ocupe unha superficie de máis de 203.000 metros cadrados.

Data de actualización: 16/04/2023