Conde reivindica a Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto como punto de encontro do oficio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe á 14ª edición deste evento

Riotorto (Lugo), 16 de abril de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, enxalzou esta mañá o papel da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto como punto de encontro para o sector, unha cita única en Galicia na que hoxe haberá unha vintena de profesionais de todo o país e que servirá para concienciar á sociedade da importancia dos oficios tradicionais.

O programa contará con demostracións artesanais, obradoiros infantís, música e animación, nunha xornada que pretende visibilizar este oficio, fomentar o relevo xeracional e actuar como dinamizador turístico, económico e cultural da zona.

Artesanía de Galicia conta cun total de 13 obradoiros rexistrados na actividade de forxa e ferrería dos que tres pertencen a este municipio. Conde destacou o esforzo que se está a facer no eido da artesanía do ferro por abrise a novos mercados e participar en feiras e eventos tanto nacionais como internacionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2023