A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chega a catro concellos da provincia de Lugo

Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde
 

Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores
 

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023 A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de catro concellos da provincia de Lugo, todos eles Concellos Emprendedores. Son catro proxectos nos que se investirán ao redor de 370.000 euros.

As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25 %.
 
Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.
 
LISTAXE DE BENEFICIARIOS
 
LUGO

CONCELLO BENEFICIARIO

POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA CONCEDIDA

ACTUACIÓN
SUBVENCIONADA

Concello de
Castro de Rei

Castro de Ribeiras de Lea
17.593,40 €
14.074,72 €

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE CASTRO RIBERAS DE LEA

Concello de Outeiro de Rei
Outeiro de Rei
135.710,88 €
108.568,70 €
 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO PARQUE EMPRESARIAL
DE OUTEIRO DE REI

Concello de Sarria
O Morelle
150.000 €
120.000 €
 

MELLORA DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS
NO POLÍGONO INDUSTRIAL
DO MORELLE

Concello
do Saviñao

O Peago
69.115,20 €
55.292,16 €
 
ACONDICIONAMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DO PEAGO
 
 
 
 

Data de actualización: 12/04/2023