A Xunta informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chega a 10 concellos da provincia da Coruña
Os apoios aprobados destínanse á mellora de iluminación, depuración de augas, xestión de residuos, infraestruturas viarias ou instalacións de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos de subministración de gas ou hidróxeno verde
Todas as actuacións levaranse a cabo en Concellos Emprendedores
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2023 A Xunta de Galicia informa da resolución das axudas para a mellora de parques empresariais que chegarán a un total de 10 concellos da provincia da Coruña, todos eles Concellos Emprendedores. Son 11 proxectos nos que se investirán preto de 900.000 euros.
As axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto -podían presentarse dúas solicitudes por concello-, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.
Esta liña complementa as medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas.
CONCELLO BENEFICIARIO | POLÍGONO INDUSTRIAL | INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE | AXUDA | ACTUACIÓN |
Concello das Somozas | As Somozas | 150.000 € | 110.835,80 € | PAVIMENTACIÓN VIAL PRINCIPAL |
Concello de Boiro | Parque Empresarial | 59.745,77 € | 47.796,62 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS |
Parque Empresarial | 82.209,38 € | 65.767,50 € | MELLORA DE INFRAESTRUTURAS | |
Concello de Cabanas | Vilar do Colo | 59.999,99 € | 47.999,99 € | MELLORA DE ACCESOS NO PARQUE EMPRESARIAL DE VILAR DO COLO: RÚAS MAREIRA E MARIÑASOL |
Concello de Coirós | Pedrapartida | 88.021,09 € | 70.416,87 € | SISTEMAS PROTECCIÓN CONTRAINCENDIOS PARQUE EMPRESARIAL DE COIRÓS |
Concello de Fene | Vilar do Colo | 123.474,47 € | 98.779,58 € | MELLORA DA SINALIZACIÓN E ACCESIBILIDADE AO POLÍGONO VILAR |
Concello de Noia | Augalevada | 56.801,11 € | 45.440,89 € | ACONDICIONAMENTO DE INFRAESTRUTURAS VIARIAS |
Concello de Oroso | Sigüeiro | 150.000 € | 120.000 € | MELLORA DE REDE VIARIA NA AVENIDA ÁLVARO CUNQUEIRO E RÚA MESÍA, SUBSTITUCIÓN DE CANLE |
Concello de Ponteceso | Tella | 32.615,84 € | 26.092,67 € | MELLORA ACCESO PARQUE EMPRESARIAL TELLA FASE III |
Concello de Santa Comba | Santa Comba | 84.837,09 € | 67.869,67 € | MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA |
Concello de Tordoia | Pedra Salgueira | 8.520,04 € | 6.816,03 € | RENOVACIÓN DE INSTALACIÓNS |