O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nunha xornada organizada por IndesIA en Ferrol

A Xunta destaca que IndesIA é un exemplo do compromiso da iniciativa privada co desenvolvemento dunha economía baseada no uso de datos e na intelixencia artificial

Lembra que o Polo Aeroespacial de Galicia está traballando nun proxecto para obter, a través de vehículos aéreos non tripulados, algoritmos e solucións de intelixencia artificial que dean resposta ás necesidades das empresas

Ferrol, 11 de abril de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Ferrol nunha xornada organizada por IndesIA na que destacou que esta proposta é un exemplo do compromiso da iniciativa privada co desenvolvemento dunha economía baseada no uso de datos e na intelixencia artificial.

A xornada tiña como obxectivo avaliar os principais retos, solucións e pasos a seguir na transformación dixital da industria a través do desenvolvemento tecnolóxico e da intelixencia artificial.

Na súa intervención, Conde avogou pola colaboración público-privada para evolucionar neste eido e lembrou que IndesIA e Xunta traballan no programa Retech. En concreto, participan nun proxecto vinculado ao Polo Aeroespacial de Galicia para desenvolver algoritmos e solucións de intelixencia artificial -a través de vehículos aéreos non tripulados- que dean resposta ás necesidades das empresas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/04/2023