Extinguido o incendio forestal rexistrado no Concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 22,51 hectáreas, das cales 19,09 foron de monte raso e 3,42 arboradas

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo, está extinguido.

O lume iniciouse ás 5,30 h. de onte e quedou extinguido ás 12,35 h deste mediodía. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 22,51 hectáreas, das cales 19,09 foron de monte raso e 3,42 arboradas. En total, mobilizáronse para a súa extinción 6 axentes, 15 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 10/04/2023