Diego Calvo é nomeado Cabaleiro de Honra da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín

 Portomarín (Lugo), 9 de abril de 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi nomeado hoxe Cabaleiro de Honra da Orde Serenísima da Alquitara de Portomarín. O nomeamento celebrouse no marco do Día da Augardente, que chega este ano á súa 51ª edición. 

Xunto con Diego Calvo foron designados cabaleiros ou damas outras 17 persoas, entre os que figuran profesionais de diversos eidos, representantes institucionais e veciños do concello lugués. Súmanse así aos máis de 600 membros que forman parte do cabido creado en 1971 para a promoción de Portomarín e das súas augardentes.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/04/2023