Estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo novas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo, está estabilizado. 

O lume iniciouse ás 5,30 h. desta mañanciña e quedou estabilizado ás 14,15 h. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 23 hectáreas provisionais. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 3 axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 09/04/2023