Activo un incendio forestal rexistrado no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo

Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas provisionais

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez, parroquia do Freixo. 

O lume iniciouse ás 5,30 h. desta mañanciña e segundo as primeiras estimacións afecta unha superficie dunhas 20 hectáreas provisionais. Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 3 axentes, 8 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 2 avións. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

 

Data de actualización: 09/04/2023