Conde entrega os diplomas aos participantes no campamento científico D'Tec

Ferrol, 5 de abril de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, entregou hoxe os diplomas aos 25 mozos e mozas participantes no primeiro campamento científico D´Tec, organizado pola Axencia Galega de Innovación en colaboración co CIS Tecnoloxía e Deseño.

Trátase dun programa de actividades para achegar os rapaces e rapazas a ámbitos como o deseño industrial, a impresión 3D, a realidade aumentada e virtual e a programación e ciberseguridade, guiados en todo o proceso de aprendizaxe por monitores con ampla experiencia en educación STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/04/2023