A Xunta participará en Milán en La Spagna al Femminile que rende homenaxe ás mulleres chef na enogastronomía

Trátase dunha iniciativa de promoción do turismo a través da gastronomía, promovida pola OET de Milán, que emparella a grandes cociñeiras das rexións españolas con cociñeiras italianas de renome

O evento no que colabora Turismo de Galicia contará coa participación de Lucía Freitas

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2023 A Xunta participará en Milán en “La Spagna al Femminile”, que rinde homenaxe á enogastronomía e as mulleres chefs, organizado por Turespaña co obxectivo de facer promoción de España en Italia.

O proxecto comezou en 2022 coas rexións de Asturias e Valencia en dúas localidades italianas, Milán e Boloña. Galicia será este ano a comunidade convidada e terá a Lucía Freitas como cociñeira que nos representa. O acto terá lugar en Milán, o 26 de abril, no restaurante ViVa by Viviana Varese; unha das chefs máis recoñecidas de Italia, que acollerá unha cea a catro mans con Lucía Freitas para os 50/60 convidados pola OET de Milán ao evento.

Trátase dunha iniciativa de promoción do turismo a través da gastronomía, promovida pola OET de Milán, que emparella a grandes cociñeiras das rexións españolas con cociñeiras italianas de renome e, a través dunha cociña a catro mans, presenta un menú que incorpora os sabores tradicionais de cada destino, posicionando ás mulleres como gardiáns da tradición e punta de lanza da innovación e do futuro da gastronomía.

 

Data de actualización: 09/04/2023