A execución das obras de saneamento de Celeiro, en Viveiro, fará necesario un corte de tráfico da estrada provincial LU-P-6612 a partir do vindeiro día 11 de abril

O peche de circulación desta estrada, no treito denominado Confraría de pescadores de Celeiro, comezará o vindeiro martes e prolongarase ata o 21 de abril

O corte é preciso para avanzar nas obras de mellora do saneamento, nas que a Xunta inviste preto de 4 M€ para solucionar os problemas da rede municipal, ao incorporar as súas augas á depuradora de Viveiro, ademais de renovar o emisario submarino

No que se refire á execución dos traballos, está acometida a condución de vertido submariña e no tanque de tormentas acadouse a cota de baleirado final

O emisario atópase funcionando, estando completamente conectado e executado unha vez entrou en servizo o pozo de bombeo da depuradora

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2023 A execución das obras de saneamento de Celeiro, en Viveiro, fará necesario un corte de tráfico da estrada provincial LU-P-661 a partir do vindeiro día 11 de abril.

O peche de circulación desta vía, no treito denominado Confraría de pescadores de Celeiro, comezará o vindeiro martes e prolongarase ata o 21 de abril.

O corte é preciso para avanzar nas obras que a Xunta está a acometer para mellorar o saneamento de Celeiro, co obxectivo de garantir a calidade das augas da ría de Viveiro.

Esta actuación, na que a Xunta inviste preto de 4 M€ solucionará os problemas da rede municipal de saneamento de Celeiro, ao incorporar as súas augas á depuradora de Viveiro, ademais de renovar o emisario submarino.

No que se refire á execución dos traballos, xa está acometida a condución de vertido submariña.

No tanque de tormentas acadouse a cota de baleirado final, executándose o formigón de limpeza e actualmente traballando na execución da lousa de fondo.

O emisario atópase funcionando, estando completamente conectado e executado unha vez entrou en servizo o pozo de bombeo da depuradora.

Data de actualización: 06/04/2023