A Xunta patrocina as xornadas de tecnificación que desenvolve estes días a Fundación Breogán en Lugo

Lugo, 3 de abril de 2023

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Xunta de Galicia vén de concretar un novo apoio á Fundación Breogán destinado especialmente ao patrocinio das xornadas de tecnificación que se están a celebrar estes días na cidade.

O delegado mantivo un encontro co presidente do Padroado da Fundación, Narciso Fernández, e o xerente, Salva Arco, que explicaron que esta actividade formativa está dirixida a 40 rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos. Ofréceselles a oportunidade de mellorar a súa técnica cos xogadores e técnicos do Breogán, así como de asistir a interesantes charlas sobre o papel do deporte no desenvolvemento persoal, a educación e a xestión emocional.

 

Arias lembrou que a Xunta colabora nesta e noutras actividades que organiza a Fundación “en beneficio da sociedade lucense, e moi en especial da mocidade, que atopa no Breogán un referente en deporte e en valores”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2023