Diego Calvo e Rosa Quintana participan na inauguración da Feira do Abril de Val do Dubra

Val do Dubra (A Coruña), 1 de abril de 2023

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, participaron esta mañá na inauguración da Feira do Abril do Val do Dubra, que ata o próximo martes acollerá actuacións musicais, degustacións gastronómicas, competicións e a tradicional feira de maquinaria agrícola.

 

Diego Calvo puxo en valor precisamente esta mostra de maquinaria, así como a exhibición de razas autóctonas, o I Campionato de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril, a III Tirada ao prato e a II Exposición de cans de caza, pola súa importancia para potenciar o medio rural e o seu papel dinamizador do concello. Ademais, a Consellería do Mar participa no evento cun expositor da campaña Galicia sabe Amar, para enxalzar a variedade e calidade dos produtos do mar galegos e os beneficios de incluílos na dieta para que sexa equilibrada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/04/2023