A Xunta impartiu na Pobra do Caramiñal talleres para fomentar o uso responsable da auga
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 31 de marzo de 2023 A Xunta impartiu hoxe talleres aos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal para fomentar o uso responsable da auga.
Os alumnos afondaron na importancia da auga para a vida e a necesidade de protexela, nas boas prácticas diarias para evitar ou reducir a contaminación da auga e no funcionamento dunha depuradora.
Augas de Galicia explicoulles aos rapaces estes conceptos de xeito didáctico e entretido con presentacións audiovisuais e unha práctica de descontaminación da auga nuns recipientes.
Estas actividades desenvólvense no marco das divulgacións que está a organizar Augas de Galicia co gallo do Día Mundial da Auga, que tivo lugar la semana pasada.