A Xunta pon en valor a tradición oliveira de Quiroga nunha visita dunha delegación andaluza

Quiroga (Lugo), 31 de marzo de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou hoxe a Almazara de Ouro de Quiroga, na provincia de Lugo, no marco da visita dunha delegación andaluza a distintas iniciativas de apoio ao desenvolvemento rural. Trátase dunha terra cunha ampla tradición oliveira, que cultiva, produce e envasa en Galicia, polo que o seu aceite é 100 % autóctono.

Neste sentido, o conselleiro do Medio Rural valorou positivamente esta iniciativa, acreditada pola súa singularidade por varios centros de investigación, xa que se trata dun proxecto impulsado por mozos da zona para a recuperación e posta en valor dos produtos autóctonos e tradicionais. Este proxecto contou cunha axuda pública do programa Leader, que xestiona a Xunta de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2023