A Xunta destaca en Madrid a aposta de Galicia por consolidar unha nova industria sustentable e innovadora

Madrid, 31 de marzo de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Madrid no foro Wake Up! Spain, onde salientou a aposta de Galicia por consolidar unha nova industria sustentable, innovadora e en liña cos obxectivos europeos sobre a economía circular e a bioeconomía.

Conde, que insistiu na necesidade dunha cogobernanza real na xestión dos fondos europeos, lembrou que Galicia ve nos mesmos unha oportunidade para desenvolver unha axenda industrial de proxectos de hidróxeno verde e enerxías renovables; economía circular; o vehículo do futuro; a biotecnoloxía e a medicina avanzada; ou o sector aeronáutico, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/03/2023