A Xunta publica a licitación das obras de acondicionamento na illa de Ons por 1,8 M€
O prazo de presentación de solicitudes é de 26 días naturais desde hoxe
O obxectivo é executar estas actuacións no prazo máis breve posible coa premisa de comezar as obras a principios deste verán
2023-03-31
/documents/35297/40576/ONS.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2023
A Xunta publica hoxe a licitación das obras de acondicionamento da illa de Ons, segundo o plan previsto para levar a cabo os proxectos de mantemento e rehabilitación nos 12 BICS de titularidade pública galegos. Nesta actuación o orzamento previsto acada preto de 1, 8 millones de euros, dos cales a Xunta aporta 400.000 euros
O obxecto da licitación que está na páxina https://www.contratosdegalicia.gal/licitacionOP=50&N=816228&lang=gl é o acondicionamento da illa de Ons mediante restauración de obras e infraestruturas, mellora da xestión de residuos, adecuación e mellora de camiños e sendeiros, implantación de medidas de protección medio ambiental, implantación de sinalización dixital e de ferramentas para a xestión de fluxos turísticos e control de capacidade de visitantes.
Esta actuación enmárcase na programación das actuacións para a posta en valor dos bens de interese cultural no Camiño de Santiago. En total vaise a actuar en 12 inmobles e mobilizarase un investimento preto de 23,7 millóns de euros, dos que 22,7 millóns de euros proceden de fondos europeos e preto de 1 millón de euros de fondos propios da Xunta de Galicia.
Estas actuacións permitirán poñer en valor o patrimonio histórico ao longo dos Camiños de Santiago a través da súa rehabilitación e incluíndo melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, así como medidas coas que impulsar a modernización ou dixitalización destes espazos.
Neste contexto, a Xunta de Galicia ten como obxectivo conservar os bens de interese cultural e permitir que poidan seguir sendo desfrutados polas xeracións futuras. Preténdese diversificar a oferta e desenvolver recursos turísticos, centrándose de xeito especial no investimento en zonas de menor densidade de poboación. Deste xeito, búscase a consolidación da poboación en zonas máis despoboadas e preténdese impulsar turisticamente esas poboacións e as súas comarcas.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 31/03/2023