Nava Castro participa no Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras celebrado en Redondela

A directora de Turismo de Galicia puxo en valor o traballo realizado polas mulleres no eido empresarial e subliñou a súa importancia especialmente no sector turístico

Redondela, 30 de marzo de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe no Encontro de Mulleres Empresarias e Emprendedoras organizado pola Asociación de Empresarios de Redondela en colaboración con Empresarias Galicia, levado a cabo no Pazo Vilavella.

 

Durante a súa intervención, Nava Castro puxo en valor o traballo realizado polas mulleres no eido empresarial e subliñou a súa importancia especialmente no sector turístico, onde máis do 60 % do total de ocupados son mulleres.

 

“As mulleres emprendedoras e empresarias sodes un motor clave para o crecemento económico e a creación de emprego, especialmente na nosa comunidade” finalizou Castro.

Data de actualización: 30/03/2023