A Xunta sinala a importancia da Semana Santa de Ferrol como referente para o sector turístico galego

A directora de Turismo de Galicia asinou hoxe o convenio de colaboración co presidente da xunta xeral de confrarías para a celebración deste evento declarado de Interese Turístico Internacional no ano 2014

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 202

3 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, sinalou a importancia da Semana Santa de Ferrol como referente no turismo da nosa comunidade, que ano tras ano, atrae á cidade a milleiros de visitantes. Segundo indicou, este evento aporta valor engadido á oferta turística galega, xa que o éxito turístico de Galicia ten moito que ver con ofertas como a Semana Santa de Ferrol. 

Nava Castro asinou esta mañá o convenio de colaboración co presidente da xunta xeral de confrarías da Semana Santa de Ferrol, Óscar López, para a celebración deste evento declarado de Interese Turístico Internacional no ano 2014. Ao acto tamén asistiu a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

A directora de Turismo subliñou a importancia deste evento que atrae a turistas que buscan unha oferta diferenciada e de calidade. “O modelo turístico galego baseado en a non masificación, a oferta de calidade, a gastronomía, a paisaxe e a natureza é o que están demandando agora os turistas, que atopan tamén unha oferta diferente e diferenciada, así como tradición e autenticidade”, indicou.

Nava Castro indicou que as celebracións galegas de Semana Santa están a ser cada vez máis visitadas e están a xerar cada vez maior interese entre os viaxeiros que elixen Galicia como destino turístico.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/03/2023