A Xunta pon en valor o proxecto Navegando entre viñedos na consolidación da oferta vinícola

A Coruña, 27 de marzo de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta tarde na Coruña no acto de presentación do proxecto Navegando entre viñedos, de Bodegas Familiares Matarromera, e na posterior cata.

 

Este proxecto nace co obxectivo de dar a coñecer os viños que conforman este grupo, composto por 11 adegas inscritas a sete denominacións de orixe diferentes. En Galicia conta con tres adegas pertencentes á denominación de orixe Ribeiro -Casar da Vide, San Clodio e Viña Caeira-, esta última produce exclusivamente con uva cultivada no Condado de Tea.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/03/2023