A Xunta expón 20 obras pictóricas de Silvia G. Armesto inspiradas nas paisaxes dos Ancares lucenses

Lugo, 24 de marzo de 2023

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle a exposición de pintura de Silvia G. Armesto Entre paisaxes de Degrada, Os Ancares/Aspectos, formada por 20 obras que “recollen momentos de contemplación desde as montañas dos Ancares”, en palabras da autora, cuxa nai é natural da aldea de Degrada (Cervantes).

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na inauguración da mostra, que pode visitarse de luns a venres de 9.00 a 19.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00 horas. Armesto, afincada en Santiago de Compostela, amosa nesta exposición diferentes etapas do seu traballo pictórico inspirado nas “sublimes paisaxes” e nas personaxes dos Ancares lucenses.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/03/2023