A Xunta felicita a traballadores e equipo directivo de El Corte Inglés en Santiago polo 25 aniversario do centro

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2023 O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o centro de El Corte Inglés en Santiago de Compostela con motivo da celebración do seu 25 aniversario.

Heredia, que felicitou aos traballadores e ao equipo directivo pola traxectoria deste establecemento, salientou a contribución do sector comercial á creación de emprego no municipio, así como a aposta pola dixitalización, a ecoinnovación e a xestión eficiente dos residuos que se está a realizar no centro compostelán.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/03/2023