Preséntase na Casa de Galicia Crónicas dun galego en Israel do escritor Pablo Veiga

Madrid, 23 de marzo de 2023 O director da Casa de Galicia, Juan Serrano deu a benvida no día de onte á presentación do libro de Pablo Veiga, “Crónicas de un gallego en Israel”.

O escritor, orixinal de Begonte, contou aos asistentes como foi a súa travesía, no ano 2010 polas principais cidades israelís, onde se empapou da súa cultura, falou coa súa xente e descubriu todo o que ofrece Oriente.

Veiga, cuxa profesión desempeña como traballador social, relata no seu libro a viaxe por un dos países que máis está no punto de mira da sociedade europea actual, unha viaxe polas principais cidades da coñecida como Terra Santa.  

"Elixín Israel porque era un país que me chamaba moito a atención pola súa cultura e pola súa historia, moi relacionada tamén coa relixión", explicou Pablo, que en 2010 subiuse a un avión con destino a Tel Aviv, “unha cidade espectacular, moderna e con moita vida polas súas rúas", relata o begontés, describindo a primeira cidade que visitou. Logo, viñeron Haifa, Xerusalén, onde visitou o Muro das Lamentacións e o Mar Morto, que serve de portada para o seu libro.  

Do estado actual do país e da visión que se ten del, Pablo explica que Israel está “moi demonizado, ás veces ata puntos extremos". O escritor admite que a situación é moi complexa, pero non dubida en admitir o seu desexo de volver visitar o país.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/03/2023