A Xunta leva a cabo diversas melloras no mobiliario, accesibilidade e sinalización do albergue de Arzúa por importe de preto de 40.000 €

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron esta mañá o albergue situado no Camiño Francés

O albergue de Arzúa pertence á Rede de Albergues Públicos de Galicia e foi posto en marcha en 1999

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2023 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitaron esta mañá o albergue de Arzúa onde se levaron a cabo diversas actuacións  melloras ao abeiro do Plan de melloras da Rede Pública de Albergues, que neste caso supuxeron un investimento de 39.772€. 

Nava Castro indicou que a través de este tipo de axudas o Goberno galego reiterase a súa firme aposta polo Camiño de Santiago, polo rural e, por suposto, polo turismo de calidade. 

Dentro do Plan de Melloras da Rede Pública de Albergues para o 2022, dotado con 2,1M€, realizáronse obras nun total de 67 albergues en sete itinerarios dos dez itinerarios oficiais do Camiño de Santiago, dos cales 5 están no Camiño de Fisterra-Muxía, 20 no Camiño Francés, 6 no Camiño Inglés, 8 no Camiño Norte, 10 no Camiño Portugués, 6 no Camiño Primitivo e 12 no Camiño Mozárabe- Vía da Prata. 

O maior investimento tivo lugar no Camiño Francés, co maior número de actuacións que se centran en 3 eixes: obras de mellora da confortabilidade, salubridade, accesibilidade e reparacións varias (pintura, aillamento, paneis divisorios); melloras da decoración interior e reposición de elementos danados; e Homoxeneizar a sinalización interior e exterior.

O Concello de Arzúa forma parte do Camiño Francés que segue a ser a ruta maioritariamente escollida polos peregrinos que chegan a Santiago, xa que case  a metade dos peregrinos que recollen a Compostela empregaron este itinerario. Esta ruta xacobea foi declarada en 1993 Patrimonio Mundial da UNESCO. Actualmente son 22 os albergues do Camiño do Francés pertencentes á rede Pública de Albergues de Peregrinos cun total de 1.513 prazas e dous deles están situados no concello de  Arzúa. O albergue de Arzúa pertenece á Rede de Albergues Públicos de Galicia e foi posto en marcha en 1999.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/03/2023