O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asistiu á inauguración do encontro na Cidade da Cultura

O congreso FP Innova Galicia 2023 amosa o potencial da formación profesional galega e a súa capacidade de innovación e emprendemento

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe na Cidade da Cultura á inauguración do Congreso FP Innova Galicia 2023, que amosa o potencial da FP galega e a súa capacidade de innovación e emprendemento. 

O titular do Goberno galego coñeceu de primeira man o traballo que está a facer o profesorado e o alumnado da FP en Galicia para ser máis competitivos tanto no eido da formación como nas competencias laborais, con especial fincapé na transferencia do coñecemento e no impulso do talento e das habilidades. 

Trátase dun evento que se estenderá ata o día 24 de marzo e que na súa quinta edición amósase xa como un referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia do coñecemento e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.    

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/03/2023