A Xunta destaca que a nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios de Monforte contribúe a incrementar o valor deste conxunto

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración do proxecto, financiado pola Fundación Iberdrola España

Monforte de Lemos (Lugo), 21 de marzo de 2023 O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou este serán na inauguración da nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos, que tal e como sinalou, contribúe a incrementar o valor deste conxunto, un edificio de gran valor patrimonial declarado Ben de Interese Cultural.

O proxecto, cun investimento de 90.000 euros, foi financiado pola Fundación Iberdrola España. A intervención, que se realizou en gran parte sen a axuda de andamios, correu a cargo dun equipo de electricistas especializados en traballos de altura. Nas cornixas instaláronse unha serie de tiras led deseñadas coa fin de garantir un alumeado uniforme.

Así, conseguiuse resaltar os elementos arquitectónicos e artísticos, entre os que destaca o gran retablo barroco de Francisco de Moure, e tamén gañar en eficiencia enerxética.

Data de actualización: 21/03/2023