Nava Castro pon en valor a camelia como un dos tesouros culturais e turísticos cos que conta a nosa comunidade

A directora de Turismo de Galicia participou na inauguración da mostra que ten lugar no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas hoxe e mañá

Salceda de Caselas (Pontevedra), 18 de marzo de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación da XIV Xornadas da Camelia que terán lugar hoxe e mañá no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, onde salientou a labor que os cultivadores galegos da camelia están a realizar para darlle visibilidade ao potencial turístico deste recurso na nosa Comunidade.

Neste senso, Castro destacou o compromiso da Xunta de Galicia poñendo en valor a Ruta da Camelia, un percorrido que permite visitar pazos e xardíns históricos. Trátase dunha ruta que percorre Galicia de norte ao sur a través de 12 pazos e xardíns, públicos e privados, onde a camelia reina en todo o seu esplendor, con mostras únicas como os exemplares de camelia reticulata dos Pazos de Oca e Santa Cruz de Ribadulla.
 
Así mesmo, destacou a nova iniciativa para darlle visibilidade ao patrimonio das Camelias na nosa Comunidade, a Ruta dos Trens Turísticos de Galicia 2023, o Roteiro da Camelia en flor, que realizará a súa próxima saída o día 25 deste mes dende Santiago.

Grazas a esta iniciativa, os participantes teñen a oportunidade de visitar tres xardíns que contan coa certificación de Excelencia Internacional. En primeiro lugar, o Pazo Quinteiro da Cruz, seguido do Castelo de Soutomaior e, para rematar, unha visita ao Pazo de Rubiáns.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2023