A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia un novo ciclo formativo sobre ciberseguridade a través das aulas CEMIT e do Gaiástech

Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan sensibilizar á cidadanía, especialmente aos maiores, sobre os riscos do mundo dixital e ofrecerlles ferramentas para evitalos


O programa de actividades comeza este 28 de marzo e a inscrición pode realizarse desde o portal da Rede CeMiT ou de xeito presencial nas aulas
 

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2023

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia inicia o día 28 de marzo un novo ciclo formativo en materia de ciberseguridade orientado a cidadanía, especialmente ás persoas maiores, e cun contido específico para orientar a nais, pais ou titores sobre o uso da tecnoloxía en menores.

Baixo o lema “O teu día a día en liña, con seguridade” estas sesións buscan non deixar a ninguén atrás en materia de competencias dixitais e ciberseguridade. Desenvolveranse de xeito  presencial nas aulas CeMIT de 17 concellos de toda Galicia e no centro GaiásTech, na Cidade da Cultura.

 

O prazo de inscrición xa está aberto e pode realizarse a través da páxina web da Rede CeMIT ou de xeito presencial nas aulas de A Cañiza, Fisterra, Ribeira, Leiro, O Barco, Abegondo, Ortigueira, Monforte, Cuntis, Celanova, Cerceda, Tomiño, Ribadeo, Quiroga, A Fonsagrada, Betanzos, Gaiás Tech e Pontevedra.

 

As xornadas farán foco nos riscos cos que nos podemos atopar na contorna virtual e exporán as medidas para poder previlos, facilitando un uso seguro da tecnoloxía sen abusos.

É a segunda edición deste ciclo, que se enmarca nas actividades do Nodo CIBER.gal para dar cobertura ás necesidades da cidadanía, empresas e administracións públicas en materia de ciberseguridade.

 
Calendario de charlas
 
Aulas participantes
Datas e horarios

28 de marzo de 11:00 a 12:00 horas.

30 marzo de 17:00 a 18:30 horas.

3 de abril de 11:30 a 13:00 horas.

4 de abril de 11.00 a 12:30 horas.

5 de abril de 11:00 a 12:30 horas.

9 de maio de 11:00 a 12.30 horas.

10 de maio de 11:00 a 12.30 horas.

11 de maio de 12.00 a 13.30 horas.

15 de maio de 11:00 a 12:30 horas.

16 de maio de 11:00 a 12:30 horas.

19 de maio de 12:30 a 14:00 horas

22 de maio de 11:30 a 13:00 horas

23 de maio de 11:30 a 13:00 horas

6 de xuño de 13.30 a 15:00 horas

12 de xuño de 12:30 a 13:30 horas

20 de xuño de 12:00 a 13:00 horas

21 de xuño de 11:00 a 12:00 horas

4 de maio de 16:00 a 17:30 horas

 
 
A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia autonómica, que conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 centros. Entre os seus obxectivos está o de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

Data de actualización: 17/03/2023