A Xunta avalía coa Federación de Perruquerías novas vías de colaboración para seguir reforzando o sector

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantiveron unha reunión con representantes da Federación de Empresarios de Asociacións de Perruquería e Estética de Galicia (Fepega)
 

Na xuntanza informouse das diferentes ferramentas que a Administración autonómica pon ao dispor destes negocios, en eidos como a eficiencia enerxética, a dixitalización ou a formación
 

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo esta semana unha reunión con representantes da Federación de Empresarios de Asociacións de Perruquería e Estética de Galicia (Fepega), encabezados polo seu presidente, Jesús Saiz.

Na xuntanza informouse das diferentes ferramentas que a Administración autonómica pon ao dispor destes negocios, en eidos como a eficiencia enerxética, a dixitalización ou a formación. Do mesmo xeito, exploráronse novas vías de colaboración para seguir cooperando na reactivación do sector, que contribúe á creación de emprego e de riqueza en Galicia.

O vicepresidente primeiro tivo a oportunidade de escoitar as suxestións e propostas dos representantes dos empresarios de perruquería e estética, entre as que se atopan a redución do IVE, unha demanda na que contan co apoio do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/03/2023