Representantes de Protección Cidadá de Castela-A Mancha coñecen as instalacións da Agasp

A Estrada (Pontevedra), 15 de marzo de 2023 O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, recibiu esta semana o director xeral de Protección Cidadá da Castela- A Mancha, Emilio Puig Cabello, para explicarlle o funcionamento da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Ao encontro tamén acudiu a directora da Escola de Protección Cidadá de Castela-A Mancha, Gema Aguado, e o xefe de sección de Ensinanza e Formación desta escola, Joaquín Fernández Ariza, así como o xefe do servizo de informática e sistemas da Dirección Xeral de Protección Cidadá, Rubén Ballesteros Carrasco.

Os representantes da delegación de Castela-A Mancha percorreron as instalacións e comprobaron por que esta Academia é unha referencia a nivel estatal na formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias. Ademais, tal e como lles explicou Santiago Villanueva, encárgase dos procesos selectivos dos corpos de Policía Local dos concellos que deleguen esta competencia na Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/03/2023