A Xunta mantén un encontro coa Asociación de pacientes ostomizados

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, mantivo unha reunión esta mañá con representantes da Asociación de pacientes ostomizados para coñecer de primeira man as súas inquedanzas e para debater posibles vías de colaboración que repercutan na mellora da calidade de vida destas persoas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2023