A Xunta realizará un estudo de avaliación de cheiros nas novas estacións de tratamento de augas residuais de Soutomaior, Cee e Burela para minimizar o seu impacto

 Augas de Galicia vén de adxudicar este contrato, cun investimento que rolda os 18.000 euros e un prazo de execución de dous meses

Trátase de confirmar os estudos teóricos realizados dos cheiros co obxectivo final de minimizar o impacto ambiental producido pola posta en funcionamento das obras recollidas nos proxectos de ampliación destas tres novas depuradoras

O estudo deriva da tramitación das avaliacións ambientais das depuradoras de Arcade, no concello de Soutomaior, e as de Cee e de Burela, ao tratarse de instalacións que amplían a súa capacidade de depuración actual nunha localización diferente

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2023 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, realizará un estudo para a avaliación da xeración de cheiros nas novas estacións depuradoras de augas residuais dos municipios de Soutomaior, de Cee e de Burela.

 

Este contrato, adxudicado á empresa Aquatec, proyectos para el sector del agua S.A.U.  por un importe que rolda os 18.000 euros terá un prazo de execución de dous meses.

Trátase de confirmar os estudos teóricos realizados dos cheiros co obxectivo final de minimizar o impacto ambiental producido pola posta en funcionamento das obras recollidas nos proxectos de ampliación destas tres novas depuradora. O estudo deriva da tramitación das avaliacións ambientais das depuradoras de Arcade, no concello de Soutomaior, e as de Cee e de Burela, ao tratarse de instalacións que amplían a súa capacidade de depuración actual nunha localización diferente.

 

Neste procedemento, Augas de Galicia atende á necesidade de dispor dos correspondentes estudos previos á operación das depuradoras, sobre o posible impacto dos cheiros mediante a modelización da dispersión atmosférica.

 

Máis en concreto, a finalidade de traballos é a confirmación dos estudos teóricos realizados dos cheiros que teñen por obxectivo minimizar o impacto ambiental producido pola posta en funcionamento das obras recollidas nos proxectos de ampliación destas tres novas depuradoras.

 

As tarefas que se levarán a cabo baixo este contrato incluirán a identificación de emisión presentes nas futuras instalación en base a información existente nos correspondentes proxectos, e a estimación dos niveis de emisión de cheiros de cada foco, utilizando factores teóricos de emisión.

 

Os traballos continuarán coa correspondente modelización matemática dos niveis de “inmisión” dos cheiros na contorna das instalacións e a representación das curvas de dispersión.

 

Deste xeito, coa interpretación dos valores obtidos nestes estudos, determinarse tamén as medidas correctivas precisas para mitigar a presión sonora, así como a modelización da propagación acústica resultante e a definición construtiva das actuacións.

 

A Xunta continúa prestando apoio técnico e económico aos concellos para que poidan desenvolver de xeito eficiente as súas competencias de saneamento e abastecemento, reforzando as garantías relativas á saúde pública, ao medio natural, á pesca, ao marisqueo ou ao turismo.

Data de actualización: 13/03/2023