Miranda agradece o traballo en prol da cultura galega desenvolvido polo Centro Galego de Móstoles que cumpre 25 anos de existencia

Móstoles (Madrid), 11 de marzo de 2023  O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde aos actos do 25 aniversario do Centro Galego de Móstoles durante os que destacou o intenso labor desenvolvido por esta entidade durante todo este tempo para promocionar a cultura galega nesta localidade madrileña.

O aniversario, presidido pola presidenta do centro, María Jesús de la Fuente López,  celebrouse xunto ao Festival Galicia en Móstoles, no que se puideron desfrutar varias actuacións das agrupacións culturais da entidade, A Peneira e Anduriña, como do grupo madrileño Chulapeiras e da Asociación Hispano Polaca Krakus. O secretario xeral destacou, na entrega ao centro dunha placa conmemorativa, a implicación dos socios e colaboradores deste centro con Galicia, e, en especial, cos máis novos para que “Galicia continúa a ser unha realidade na vida de todos eles”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2023