A Xunta resalta o papel do recinto feiral da Estrada na dinamización económica da comarca

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración da 11ª Feira de Oportunidades do Comercio e a 64ª Feira de Antigüidades e Artesanía

A Estrada (Pontevedra), 10 de marzo de 2023O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na inauguración da 11ª Feira de Oportunidades do Comercio e a 64ª Feira de Antigüidades e Artesanía, que se celebra no recinto feiral da Estrada durante toda a fin de semana.

Na súa intervención, Heredia resaltou o papel da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada na dinamización económica da comarca, impulsando iniciativas e encontros que atraen a un importante número de visitantes.

A feira inaugurada hoxe conta con máis de medio cento de expositores distribuídos en catro pavillóns, nos que se atopan moda e complementos, relax, menaxe, óptica, xoguetes, antigüidades e artesanía, ademais dun parque infantil con inchables. O programa inclúe diferentes actuacións musicais e degustacións.

Data de actualización: 10/03/2023