A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nos concellos de Muros, Noia, Santa Comba e Barbadás

Os novos traballos desenvolveranse na estrada AC-550, nos municipios de Muros e Noia; nas glorietas da AC-406, en Santa Comba; e na OU-540, en Barbadás


Os labores proseguirán na autovía AG-59, en Teo; e na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro


Na provincia de Ourense continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-801, en Padrenda e Ribadavia; e na OU-531, nas bisbarras da Limia e de Celanova
 

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2023

A Xunta iniciará esta vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas ao paso polos concellos de Noia, Muros, Santa Comba e Barbadás.

Os novos traballos desenvolveranse na estrada AC-550, nos municipios de Muros e de Noia; nas glorietas da AC-406, en Santa Comba; e na OU-540, en Barbadás.

Na provincia da Coruña, proseguirán estas intervencións na autovía AG-59, no concello de Teo.

Na provincia de Ourense, continuarán as tarefas de limpeza xa iniciadas na estrada OU-801, nos concellos de Padrenda e de Ribadavia; ou na OU-531, ao paso dos municipios de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Celanova ou Cortegada.

Na provincia de Lugo seguirán os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, entre Monforte de Lemos e o Alto do Faro.

E na de Pontevedra seguirán as tarefas iniciadas nas vías de altas prestacións VG-4.5, en Moaña e Cangas.

 

Control de biomasa e seguridade viaria

Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas.

 

As novas accións de conservación nas vías de titularidade da Xunta permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.

Como novidade, prevese a reposición de 7.500 metros de valado en vías de alta capacidade que se poida danar nos labores de despexe ou roza. A reposición realizarase con valado reforzado para aumentar a protección da estrada fronte á entrada de animais.

 

Con esta nova encomenda, desde o ano 2018 a Xunta ten investido 8,3 M€ nas actuacións de control da biomasa nas marxes das estradas autonómicas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/03/2023