A Xunta destaca a aposta polo termalismo en Galicia na entrega de Premios Marcial Campos á investigación termal

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar no hostal dos Reis Católicos
 

Cada dous anos, a Organización Mundial do Termalismo, a Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal e a Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica, en colaboración con Termas de Cuntis convocan este premio á investigación termal
 

Santiago, 11 de marzo de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participaron hoxe na entrega de Premios Marcial Campos á investigación termal que tivo lugar en Santiago de Compostela, onde destacou a aposta do Goberno galego polo termalismo na nosa comunidade.

Na súa intervención tras a entrega, Nava Castro destacou que os obxectivos deste galardón de aumentar e potenciar a investigación científica e rigorosa en materia termal forman tamén parte dos obxectivos do Goberno galego, como se poñen de manifesto en iniciativas como a creación da primeira Cátedra de Hidroloxía Médica ou a futura creación da Área de Turismo Termal para consolidar a Galicia como un referente en este ámbito.
 
Marcial Campos foi presidente da Organización Mundial do Termalismo e da Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal e durante a súa presidencia levou a cabo un amplo labor de promoción e divulgación a nivel internacional das virtudes da utilización destas augas. Cada dous anos, a Organización Mundial do Termalismo, a Sociedade Internacional de Técnica Hidrotermal e a Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica, en colaboración con Termas de Cuntis convocan este premio á investigación termal

Data de actualización: 11/03/2023