O director xeral de Xustiza e o fiscal superior de Galicia visitan o espazo da Fiscalía da área de Vigo na Cidade da Xustiza

Vigo, 10 de marzo de 2022 O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe xunto ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, o espazo que case unha trintena de fiscais e os 25 funcionarios da Fiscalía da Área de Vigo terán á súa disposición na planta 5ª da Cidade da Xustiza de Vigo. Á visita tamén acudiu a fiscal xefa de Área de Vigo, Susana García-Baquero.

 

A Fiscalía de Área na Cidade da Xustiza de Vigo dispón dunha superficie de máis de 2.300 metros cadrados, onde estarán situados 41 despachos, salas de espera, salas de xuntas, salas de toma de declaracións, unha área de menores e a área do fiscal xefe. Ademais da Fiscalía de Área, a Cidade da Xustiza acollerá nos seus 44.000 metros cadrados 38 unidades xudiciais, as 2 seccións da Audiencia Provincial e a subdirección do Instituto de Medicina Legal (Imelga). A obra xudicial máis importante do noroeste peninsular supuxo un investimento de 42 millóns de euros e albergará máis de 500 traballadores da Administración de Xustiza que terán á súa disposición unha escola infantil de 41 prazas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/03/2023