A Xunta participa na inauguración do II Encontro de xestores de itinerarios culturais do Consello de Europa en España celebrado en Santiago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, puxo en valor a importancia deste tipo de turismo como base para poñer en valor e preservar o patrimonio artístico e cultural


Destacou o exemplo do Camiño de Santiago, nomeado o primeiro itinerario cultural no ano 1987, que fomentou non soamente a recuperación dos diferentes roteiros para alcanzar Santiago, senón que favoreceu e aumentou a actividade económica
 

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2023  A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración na Cidade da Cultura do II Encontro de Xestores de Itinerarios Culturais del Consello de Europa en España, onde puxo en valor a importancia deste tipo de turismo como base para poñer en valor e preservar o patrimonio artístico e cultural así como para fomentar o establecemento de lazos entre distintas culturas.

 

Neste senso, puxo en valor o exemplo do Camiño de Santiago, nomeado o primeiro itinerario cultural no ano 1987, que fomentou non soamente a recuperación dos diferentes roteiros para alcanzar Santiago, senón que favoreceu e aumentou a actividade económica, a redistribución da renda e a loita contra a despoboación, especialmente nos territorios rurais.

 

O Programa Itinerarios Culturais do Consello de Europa comezou a súa andaina no ano 1987 coa certificación do Itinerario Cultural Camiño de Santiago. Estes Itinerarios configúranse como roteiros entre sitios de particular interese abarcando unha ampla gama de temáticas, desde a arquitectura e a paisaxe ata as influencias relixiosas, desde a gastronomía e o patrimonio inmaterial ata as principais figuras da arte, a música e a literatura europea, contando no seu percorrido cunha gran variedade de enclaves patrimoniais, de monumentos, museos, xacementos arqueolóxicos, etc.

Data de actualización: 08/03/2023