A Xunta trasládalle ao alumnado da EFA das Neves as medidas impulsadas para a promoción do rural

As Neves (Pontevedra), 7 de marzo de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe o centro de ensinanza EFA A Cancela, situado no concello das Neves, onde lle trasladou ao seu alumnado as medidas impulsadas polo Goberno galego para a dinamización demográfica e apromoción do rural.

 

O director xeral explicou que a Xunta aposta por crear servizos nos concellos menos poboados de Galicia, que permitan dotar dunha mellor calidade de vida ás persoas que libremente deciden vivir neles. Deste xeito, apuntou, favorécese a creación dun entorno máis vivo, no que o acceso a atención, a ocio e a servizos estea garantido.

 

Especialmente no ámbito da conciliación, lembrou a posta en marcha das casas niño e das casa do maior, que permiten contar con centros de atención ao carón dos fogares para a infancia e aos maiores. Ademais, tamén permiten crear emprego vencellado ao ámbito dos coidados naqueles concellos nos que se crean.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2023