A Xunta estuda posibles localizacións para implantar unha nova base de unidade operativa en Lobios e reforzar a loita contra os incendios na contorna do Parque Natural do Xurés

Lobios (Ourense), 7 de marzo de 2023 O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, vén de manter un encontro coa alcaldesa de Lobios, Carmen Yáñez, para analizar posibles localizacións de cara a implantar unha nova Base de Unidade Operativa (BUO) nesta localidade ourensá, co gallo de reforzar a loita contra os incendios na contorna do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Estas instalacións que se están a estudar véñense sumar a outras que está impulsando ou avaliando a Consellería do Medio Rural nesta mesma área, como o BUO que se comezará a construír este mes de marzo en Muíños -con estrutura en madeira de piñeiro e castiñeiro, para albergar distintos efectivos do Servizo de prevención e extinción- ou as melloras proxectadas en Bande, sede do distrito forestal XV-A Limia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/03/2023