A Xunta defende o desenvolvemento da mobilidade sustentable a través dunha transición ordenada

A Coruña, 6 de marzo de 2023 A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, asistiu esta tarde á inauguración da nova sede da Federación Galega de Estacións de Servizo (Fegaes) na Coruña, onde defendeu o desenvolvemento da mobilidade sustentable a través dunha transición ordenada, con neutralidade tecnolóxica e posibilitando que a industria da automoción e todo o sector da mobilidade se poida adaptar.

Na súa intervención agradeceu a colaboración que a Xunta sempre atopa en Fegaes e incidiu nos retos que afronta o sector e que pasan por seguir impulsando a modernización e a profesionalización, coa introdución das novas tecnoloxías. E tamén en promover a diversificación e a transformación coa progresiva implantación de novos combustibles alternativos. Neste sentido, felicitou a Fegaes polo traballo realizado na elaboración do Plan Estratéxico de Mobilidade que recolle os retos e necesidades inmediatas do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/03/2023