A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego fai entrega do premio Xunta de Galicia ao proxecto de innovación na IX First Lego League

Ferrol, 4 de marzo de 2023

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta tarde, no Auditorio municipal, na clausura da IX First Lego League, facendo entrega do Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación. O certame, organizado pola Universidade da Coruña, conta coa colaboración da Administración autonómica.

A competición, na que tomaron parte un total de 45 equipos e máis 300 mozos e mozas de toda Galicia, desenvolveuse baixo o lema #Superpowered, o poder dos mozos e das mozas stem e permitiu aos participantes explorar de onde provén a enerxía e como se distribúe, almacena e utiliza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/03/2023