Arias reafirma o compromiso da Xunta coa Moexmu, que se celebrará en Muimenta entre os 31 de marzo e o 2 de abril
2023-03-03
/documents/35297/40537/IMG_9246+Reunion+Moexmu+Delegacion.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 3 de marzo de 2023
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou hoxe o compromiso da Xunta coa Moexmu, a feira centrada no sector agrícola e gandeiro que se celebrará en Muimenta (Cospeito) entre os días 31 de marzo e 2 de abril.
Arias mantivo unha xuntanza con Daniel Pollán Cabana e José Manuel Rus, presidente e coordinador da comisión organizadora respectivamente, ante os que reiterou que o Goberno galego colaborará achegando unha axuda económica para o certame; tamén, entre outros apoios, entregará os premios para o concurso de xóvenes gandeiros.
A feira alcanza a súa edición número 39 e, entre os eventos máis destacables, acollerá o concurso de gando frisón, a exposición da raza rubia galega e unha poxa de gando selecto.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 03/03/2023