Miranda traslada ao cónsul xeral de España en Frankfurt as propostas de Galicia para impulsar o retorno da colectividade galega

Frankfurt (Alemaña), 5 de marzo de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro co cónsul xeral de España en Frankfurt, Enrique Criado, na que lle trasladou as propostas da Xunta de Galicia para o impulso do retorno da colectividade galega.

 

Antonio Rodríguez Miranda ofreceu a colaboración da Xunta de Galicia para traballar “man a man” en prol da colectividade española, e en particular, dos galegos. Deste xeito, aproveitou para solicitarlle o apoio do consulado para facer chegar a colectividade galega a nova Estratexia Retorna 2026 (ERG2026) recordándolle que ten como principal novidade ampliar o apoio e asesoramento laboral ás familias retornadas galegas. O novo documento baséase na experiencia da primeira Estratexia Retorna, que agora verase duplicada tanto no orzamento inicial como nas medidas a aplicar polo conxunto de todos os departamentos galegos, que roldará ás 100 iniciativas, e que incidirá en catro áreas: a laboral, a social, a educativa e a do asesoramento e información.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/03/2023