A Xunta pon en valor o distintivo de artesanía alimentaria coa celebración dun mercado en Lalín

Lalín (Pontevedra), 2 de marzo de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na presentación de Merca DelicaDeza, o mercado de Artesanía Alimentaria, que terá lugar en Lalín o 10, 11 e 12 de marzo, xunto co alcalde deste municipio pontevedrés, Xosé Crespo. Esta iniciativa, organizada pola Axencia en colaboración co Concello, ten como obxectivo dar a coñecer o distintivo de Artesanía Alimentaria e promocionar os produtos amparados, coincidindo co primeiro aniversario das normas técnicas de Artesanía Alimentaria para a elaboración de distintas propostas artesanais.

 

Constará de 28 postos de venda ao público, onde as empresas participantes só poderán expoñer e vender produto certificado co distintivo de Artesanía Alimentaria. Ademais, para dinamizar a experiencia, contarase cun programa de actividades variado, que inclúe charlas técnicas e divulgativas, showcookings, obradoiros para todas as idades, concertos e sorteos. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2023