A Xunta entrega unha vivenda de promoción pública na Travesía do Miño, no barrio da Tinería

Lugo, 2 de marzo de 2023 A Xunta de Galicia fixo entrega hoxe dunha vivenda de promoción pública situada na Travesía do Miño, no barrio lucense da Tinería, nun acto no que participou o delegado territorial, Javier Arias. A vivenda adxudícase en réxime de alugueiro e conta con dous dormitorios e unha superficie de 97 metros cadrados.

Arias sinalou que o Goberno galego traballa para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, ben mediante promocións públicas, como é o caso, ou ben apoiando a compra ou alugueiro no mercado con distintas iniciativas. Neste sentido, lembrou que actualmente está aberta a liña de axudas ao alugueiro, pola que se pode optar a unha achega do 50% da renda; o prazo de presentación de solicitudes terminará o día 5 de maio de 2023. Igualmente, ata o 31 de outubro poderán solicitarse as subvencións para a adquisición de vivenda en concellos con poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2023