A Xunta pon en valor as indicacións xeográficas das augardentes e licores tradicionais de Galicia nun seminario organizado pola Federación Española de Espirituosos

Boqueixón (A Coruña), 1 de marzo de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na apertura do seminario sobre o etiquetado de bebidas espirituosas impartido pola Federación Española de Espirituosos, no pazo de Quián.

Cabarcos aproveitou a súa intervención para poñer en valor as indicacións xeográficas (IX) das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia -que engloban o licor café, licor de herbas, augardente e augardente de herbas- e a súa historia, que converten estas bebidas nuns produtos de calidade característicos da nosa comunidade. Ademais, felicitou aos novos membros do Consello Regulador destes selos, xa que onte mesmo tomaban posesión os novos vogais e aprobaban por unanimidade que a presidencia fora asumida por José Antonio Feijóo Mateo e a vicepresidencia por Sonia Otero Padín.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/03/2023