A Xunta avalía o arranxo do camiño de acceso á base aérea de Beariz, compartido tamén polos municipios da Lama e Avión
2023-02-28
/documents/35297/40528/230228_MR_conselleiro_arranxo+camino+base+beariz.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023
O conselleiro do Medio Rural, José González, supervisou o estado dun camiño que comunica coa pista de aterraxe dos avións de carga en terra de Beariz, para a loita contra os incendios forestais. Na visita analizou as posibilidades de mellorar esta infraestrutura acompañado polos alcaldes da Lama, Jorge Canda; de Avión, Antonio Montero, e do propio Concello de Beariz, Manuel Prado.
Trátase dun camiño que se atopa entre as parroquias de Portela da Cruz e A Hedreira, compartido entres estes tres municipios e que conta cunha lonxitude de 6,6 quilómetros e cun ancho de vía de tres metros. Coas obras de acondicionamento, búscase mellorar as comunicacións e o acceso a estas instalacións de gran relevancia na zona para a defensa fronte aos lumes.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 28/02/2023